O prazo para participar na Andaina pola Igualdade de Allariz estará aberto ata o 4 de marzo

Allariz prepárase para celebrar o Día Internacional da Muller cunha nova edición da Andaina pola Igualdade, que terá lugar o domingo 8 de marzo. A saída será ás 11:30 horas desde a Praza Maior, e as participantes poderán elixir entre dous percorridos adaptados a diferentes ritmos: un percorrido curto de 4 km, ideal para un paseo tranquilo, e un percorrido longo de 6,5 km, pensado para quen queira camiñar un pouco máis.
O Concello de Allariz lembra que o prazo de inscrición remata o 4 de marzo. As persoas interesadas poden anotarse chamando aos teléfonos 988 55 40 59 ou 683 61 46 91, ou enviando un correo electrónico a igualdade@allariz.gal.