O prazo para presentar os traballos de narración ao XX Premio Pura e Dora Vázquez estará aberto ata o 2 de setembro
OurenseXa
Unha vez coñecido o fallo na modalidade de narración, quedará aberto o prazo de presentación de orixinais de ilustración, que rematará o 29 de novembro
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
3 Aug 2024
A Deputación de Ourense informa de que o pazo para presentar os traballos de narración ao XX Premio Pura e Dora Vázquez estará aberto ata o 2 de setembro. Este certame, creado e impulsado pola Deputación, conta con dúas modalidades: narración e ilustración, dirixidas ao público infantil ou xuvenil, de temática libre. Este ano, tras 10 edicións onde a contía dos premios en ambas modalidades foi de 1.500 euros, duplícase a mesma ata 3.000 euros en cada categoría.
Unha vez coñecido o fallo na modalidade de narración, quedará aberto o prazo de presentación de orixinais de ilustración, que rematará o 29 de novembro.