O programa “Coñece e Saborea a Comarca de Ourense” puxo fin esta semana na Peroxa

OurenseXa
A iniciativa percorreu durante as ultimas semanas os concellos da Merca, Barbadás, Coles, Amoeiro, Gomesende, San Cibrao das Viñas e Toén
coñece-e-saborea-ourense-a-peroxa
8 Oct 2025

O Concello da Peroxa acolleu esta semana a derradeira actividade do programa “Coñece e saborea a Comarca de Ourense”, unha iniciativa destinada a promover o patrimonio natural, cultural e gastronómico dos concellos pertencentes a Adercou.

A xornada foi organizada polos guías da empresa de turismo activo Surbia Natura, en colaboración co Concello. Os participantes, procedentes de distintos puntos de Galicia, participaron nunha ruta circular de sendeirismo de doce quilómetros na que visitaron as localidades de As Paraxas, Lentomil, con seu pazo e casa grande, Vilaboa cunha importante carballeira, Campo de Amparo, coa súa capela de estilo renacentista, e a contorna do Castelo de A Peroxa.

Ao finalizar a ruta, os participantes achegáronse ao establecemento A Casa do Agro, onde degustaron elaboracións gastronómicas con produtos de proximidade. A xornada concluíu cunha visita guiada ao centro de interpretación O Lebre das Casarizas, acompañados pola técnica de turismo do Concello.

Con esta actividade pechouse o programa, que permitiu dar a coñecer a riqueza cultural, natural e gastronómica dos concellos da Merca, Barbadás, Coles, Amoeiro, Gomesende, San Cibrao das Viñas, Toén e A Peroxa, todos eles adheridos ao Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou.

⚙ Configurar cookies
0.075546026229858