O programa ‘Coñece e Saborea Ourense’ levou aos participantes a descubrir Amoeiro

OurenseXa
40 persoas participaron nesta iniciativa promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou
coñece-e-saborea-amoeiro
23 Sep 2025

O pasado sábado celebrouse en Amoeiro a andaina temática "Coñece e saborea... Amoeiro!", un percorrido de aproximadamente 8 km que levou aos participantes polas contornas de gran valor patrimonial e paisaxístico da zona, partindo das proximidades de Albeiros, nos límites dos Chaos de Amoeiro.

Un total de 40 participantes tiveron a oportunidade de descubrir os petroglifos, restos do Neolítico e Idade de Bronce, así como a aldea de Formigueiro, combinando a actividade física co coñecemento da historia e do patrimonio local.

A xornada rematou no Pazo de San Damián, onde os asistentes puideron gozar dunha degustación e mercadillo de produtos locais. Ademais, realizaron visitas guiadas ao Pazo de Trasalba e á Casa Museo Otero Pedrayo, achegándose á cultura e á gastronomía galega nunha experiencia completa de natureza, cultura e tradición.

A iniciativa forma parte do programa ‘Coñece e Saborea Ourense’, posto en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural Adercou, que busca promover experiencias culturais accesibles e poñer en valor os recursos patrimoniais e gastronómicos da comarca.

⚙ Configurar cookies
0.084068059921265