O programa "Cultura por alimentos" recada máis de 200 kg de alimentos en Ourense
Afundación, a Obra Social de ABANCA, fixo entrega ao Banco de Alimentos de Ourense dunha nova partida de alimentos recolleitos a través do seu programa «Cultura por alimentos» na cidade. Esta nova entrega 200 kg de doazóns, realizadas polo público asistente ás propostas da Obra Social de ABANCA en Ourense tales como o ciclo de cine «Mulleres» ou a exposición «Ourense no tempo», súmanse ás 20 toneladas que o programa conseguiu reunir desde a súa posta en marcha no ano 2021.
Grazas a unha eficaz conxunción de cultura e compromiso social, Afundación asume o seu papel de referente tamén neste ámbito e anima colaborar durante todo o ano coa doazón de alimentos non perecedoiros a todas as persoas participantes nas actividades que a Obra Social de ABANCA organiza nas súas sedes e noutros espazos, como os enmarcados en «Corrente cultural», en concellos de toda Galicia.
Outra modalidade de «Cultura por alimentos» consiste en cambiar a entrada a un evento determinado pola doazón en alimentos. Así, Afundación programa durante todo o ano distintas actividades, propias ou en colaboración, deseñadas expresamente para servir a este programa.