O programa VALOR-ES chega a Nogueira de Ramuín con obradoiros gratuítos para mulleres

O primeiro obradoiro, titulado “Renova o teu mundo interior”, terá lugar este venres 22 de agosto
programa-valores-nogeira-de-ramuin
21 Aug 2025

O concello de Nogueira de Ramuín acollerá este mes os obradoiros do programa VALOR-ES, unha iniciativa que ofrece ás mulleres ferramentas para coidarse, aprender e avanzar.

O primeiro obradoiro, titulado “Renova o teu mundo interior”, terá lugar o 22 de agosto de 2025, de 10:00 a 13:00 horas, e está enfocado a mellorar a saúde emocional, reforzar a autoestima e xestionar o estrés.

O segundo, “Asesoramento xurídico integral en estranxeiría”, ofrecerá acompañamento xurídico para resolver dúbidas e trámites relacionados coa estranxeiría, e celebrarase o 28 de agosto de 2025, de 10:00 a 12:00 horas.

As actividades son gratuítas e están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. As interesadas poden solicitar máis información e formalizar a inscrición nos Servizos Sociais de Nogueira de Ramuín ou chamando aos teléfonos 988 201 122 ou 608 520 110.

⚙ Configurar cookies
0.17169404029846