O PSdeG de Ourense aborda a situación humanitaria en Gaza e chama a manter a solidariedade coas vítimas

OurenseXa
A agrupación socialista organizou un acto para reflexionar sobre os case dous anos de conflito na Franxa de Gaza, baixo o título “Gaza: unha terra sen futuro”
acto-gaza-psoe-ourense
Acto “Gaza: unha terra sen futuro”
27 Jun 2025

A secretaria de Acción Electoral e Portavocía da Comisión Executiva Municipal do PSdeG en Ourense, María Fernández, participou este mércores nun acto organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense (XSO) para abordar a situación humanitaria na Franxa de Gaza, que vive un conflito desde outubro de 2023, titulado “Gaza: unha terra sen futuro”.

Fernández lembrou que “a defensa dos dereitos humanos é un piar fundamental para as organizacións políticas de esquerdas” e subliñou que debe estar presente en todos os niveis da administración pública.

No encontro tamén interviñeron Borja López, coordinador provincial das XSO, e os graduados en Historia Javier Alén e Brais González. Durante as súas intervencións, os participantes reflexionaron sobre o papel da comunidade internacional e a necesidade de manter viva a solidariedade coa poboación afectada polo conflito.

O acto, celebrado na cidade de Ourense, serviu como espazo de análise e reivindicación nun contexto que continúa xerando preocupación polas súas consecuencias humanitarias e sociais.

⚙ Configurar cookies
0.15462613105774