O PSdeG de Ourense esixirá no Pleno a reactivación do Consello Municipal da Infancia e do Consello Escolar Municipal

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense levará ao Pleno Ordinario deste venres unha moción para esixir al Goberno de Pérez Jácome a reactivación do Consello de Infancia e Adolescencia e o Consello Municipal de Educación.
Ademais, solicitarán tamén o recoñecemento administrativo expreso das familias monomarentais, no que se visibilice a súa especificidade e se poidan aplicar beneficios fiscais ou axudas e servizos adaptados ás súas circunstancias.
“Escollemos estes dous temas porque cremos que na Administración local da cidade hai que poñer sobre a mesa o benestar social e ás persoas. Levamos dende o ano 2018, xa co anterior goberno de Jesús Vázquez, implorando que se activasen estes órganos de participación que, nos tempos que corren, son máis necesarios ca nunca”, explican os socialitas, que lembran ademáis que “no Consello Escolar Municipal está representado todo o tecido educativo da cidade que nos últimos 6 anos non se reuníu nin unha soa vez”.
“Sabemos que ao executivo de Gonzalo Pérez Jácomez non lle gusta nin os consellos nin os órganos de participación democrática, pero non por iso imos a deixar de reivindicalos como algo imprescindible que debería estar na axenda política de Ourense”, denuncia a voceira, Natalia González Benéitez.
Respecto ás familias monomarentais, as socialistas lembran que “son un colectivo moi invisibilizado e están fóra da planificación económica e de conciliación da Xunta de Galicia e os Concellos” e insisten en que na provincia de Ourense son arredor de 5.750 familias as que precisan “apoio institucional”, e que, algunhas delas, “vense en situacións de risco de exclusión social, por elo queremos que tanto o goberno autonómico como o municipal se poñan a traballar para ofrecerlles axuda e alternativas”.
Por outra banda as socialistas celebran que este venres será aprobada unha declaración institucional pola que se declarará o Campo de Aragón como lugar de Memoria Democrática, unnha das reivindicacións históricas do seu partido. Este “é un trámite imprescindible para que por parte da Secretaría de Estado se designe este espazo como corresponde, tal e como levamos reclamando anos. Gustaríame agradecer o respaldo das formacións do Concello de Ourense neste senso”, puntualizou a voceira.
No que atinxe ás mocións do PP e o BNG sobre as novas liñas de autobús urbano impostas polo alcalde, González adiantou que votarán a favor pero que “chegan tarde” esixindo cousas que as socialistas fixeron antes de que se puxeran en marcha. “Hai dous meses mantivemos un encontro cos representantes das asociacións de veciños e entidades sociais da cidade para recoller as súas demandas e as trasladamos, por rexistro, para que se puxera solución as eivas detectadas. Nós fixemos os deberes cando os tiñamos que facer escoitando a todo o mundo aínda que o executivo de Jácome fixera caso omiso”, pormenorizou.
Ademais, destacou que neste pleno ordinario tomará posesión a nova edil do grupo municipal socialista, Olalla Meiriño, que substituirá a José Ángel Vázquez Barquero, e comezará a participar no día a día da actividade do Concello de Ourense.