O PSdeG de Ourense levará ao Parlamento galego o conflicto laborar do sector da alimentación

Os socialistas de Ourense levarán ao Parlamento de Galicia, a través da deputada Carmen Rodríguez Dacosta, o conflito entre a patronal e os sindicatos dos e das traballadoras do sector alimentario que perseguen mellorar as súas condicións laborais e que xa participaron en varias xornadas de paro para reclamar avances na negociación do convenio colectivo.
“Trátase dun problema que afecta a preto de 3.000 persoas na nosa provincia que ven como noutros lugares de Galicia os soldos son máis elevados por realizar os mesmos labores. E non podemos deixar de preguntarnos se a Xunta de Galicia vai facer algo ante este conflito laboral”, comeza sinalando a deputada que defenderá unha batería de iniciativas ao respecto na Cámara autonómica.
“O sector do comercio alimentario ten un convenio colectivo cunha condicións deplorables que en moitos casos supón cobrar por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e que supón un trato discriminatorio con respecto a outras provincias”, engade explicando que dende o PSdeG denfenden que a igual traballo, igual salario.
Así as cousas, as e os socialistas preguntarán ao goberno galego que medidas pensa adoptar para contribuír a resolver un problema que vén de lonxe e que conlevou que as e os traballadores participasen en varias xornadas de folga dende o mes de maio en supermercados e pequenos comercios.