O PSdeG de Ourense reafirma o seu compromiso coa diversidade e os dereitos do colectivo LGTBI

OurenseXa
Os socialistas abordaron na IV Xornada LGTBI Ourense X Bandeira os logros acadados polo colectivo LGTBI liderados polo partido e as dificultades específicas ás que se enfrontan as mulleres dentro deste grupo
psoe-xuventudes
26 Oct 2025

O PSdeG de Ourense celebrou este sábado a IV Xornada LGTBI Ourense X Bandeira, un evento que busca analizar os avances dos últimos 20 anos en materia de dereitos do colectivo LGTBI e poñer en valor o papel das mulleres dentro deste grupo.

No encontro, os socialistas destacaron a necesidade de seguir acadando avances coa Lei Trans e coa igualdade sociolaboral dentro do colectivo, que aínda non é unha realidade.

A secretaria xeral e portavoz municipal, Natalia González, abordou a importancia do papel da muller dentro do colectivo. Tamén reflexionou sobre os 20 anos da Lei do Matrimonio Igualitario e sobre a importancia de lembrar cada día que o progreso cómpre defendelo, pois pode perderse nun só día.

A xornada abordou tanto os logros acadados polo colectivo LGTBI liderados polo Partido Socialista, como as dificultades específicas ás que se enfrontan as mulleres dentro deste grupo.

Con estas xornadas, o PSdeG reafirma o seu compromiso coa diversidade e cos dereitos LGTBI, así como coa visibilidade e o protagonismo das mulleres no colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.072258949279785