O PSdeG destaca os investimentos “nunca antes vistos” por parte do Goberno na provincia de Ourense

OurenseXa
O secretario provincial, Álvaro Vila, celebrou a chegada de 21,7 millóns de euros procedentes de fondos europeos que beneficiarán a 21 municipios ourensáns
alvaro-vila
Álvaro Vila Araújo
4 Oct 2025

O PSdeG-PSOE destaca o compromiso do Goberno coa provincia despois de saberse que Ourense recibirá 21,7 millóns de euros procedentes do Plan EDIL, enmarcado no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), destinados a impulsar proxectos de desenvolvemento sostible nun total de 21 municipios, cifra que os socialistas cualifican de “absolutamente récord”.

O Ministerio de Facenda publicou este venres no BOE a resolución da Dirección Xeral de Fondos Europeos pola que se aproba a convocatoria de axudas deste programa. No reparto, o Concello de Ourense contará con 8,7 millóns, mentres que tres agrupacións municipais recibirán 4,3 millóns cada unha. Entre elas, unha liderada por Barbadás que integra a San Cibrao das Viñas e Pereiro de Aguiar; outra encabezada por O Barco de Valdeorras que agrupa a A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, O Bolo, Petín e Rubiá; e unha terceira formada por Verín, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Laza, Vilardevós, Castrelo do Val, A Mezquita, Riós e A Gudiña.

“Hablamos de una cifra récord, que beneficiará a 21 municipios de nuestra provincia y les permitirá apostar por el desarrollo sostenible, dedicando estos fondos a iniciativas ambientales, económicas y sociales”, reiterou o secretario provincial do PSdeG, Álvaro Vila Araújo.

O dirixente socialista salientou ademais que “pese a lo que digan el PP y sus socios de ultraderecha, tenemos un Gobierno progresista comprometido con la cohesión territorial y con que la provincia de Ourense disfrute de los mismos derechos y oportunidades que el resto”.

Vila tamén reclamou á Xunta que “tome nota de estas inversiones realizadas por el Gobierno y trate a la provincia con igualdad en los futuros presupuestos”, insistindo en que “mientras los gobiernos del PSOE apuestan por Ourense con inversiones nunca vistas, los del PP optan por la discriminación, los recortes y el desmantelamiento de servicios en favor de los ciudadanos de la provincia”.

O Plan EDIL, que substitúe as anteriores convocatorias EDUSI, incrementa nun 30 % a dotación e nun 40 % o número de proxectos financiados. As iniciativas poderán executarse ata 2029 e inclúen máis de 40 ámbitos de intervención “en torno a la digitalización, la dinamización económica local, la eficiencia energética, la prevención del cambio climático, la economía circular, los recursos hídricos, la movilidad urbana sostenible, la inclusión social o el patrimonio urbano, cultural y turístico, entre otros”.

⚙ Configurar cookies
0.093164920806885