O PSdeG insta á Deputación de Ourense a reactivar o Comité Ético tras máis dunha década sen funcionar

OurenseXa
Para Álvaro Vila, “non se trata soamente de cumprir cunha obrigación legal, senón tamén de recuperar un símbolo de confianza, de rigor e de compromiso co ben común”
psdeg-ourense
Grupo Provincial Socialista de Ourense
27 May 2025

O Grupo Provincial Socialista vén de presentar unha iniciativa para que a Deputación de Ourense impulse o “nomeamento urxente” dun novo Comité Ético. Para Álvaro Vila, secretario provincial do PSdeG-PSOE, “non se trata soamente de cumprir con unha obrigación legal; senón tamén de recuperar un símbolo de confianza, de rigor e de compromiso co ben común”.

Para este, “o Comité confórmase coma una órgano esencial para garantir a transparencia, boa gobernanza e credibilidade institucional”. Ademais, insistiu en que “hoxe máis ca nunca, necesitamos espazos neutros, independentes e axeitados para resolver conflitos complexos, protexer aos denunciantes e garantir unha continua fiscalización interna. Sen isto, o risco de deterioro da confianza cidadá elévase exponencialmente”.

A moción será debatida no próximo pleno ordinario da corporación provincial do 30 de maio e aspira a poñer fin a case dez anos de parálise deste mecanismo de control, clave para mediar en conflitos laborais sensibles, supervisar a conducta dos representantes públicos e velar polo rigor na xestión pública. “Reactivar o Comité Ético non é só un acto de responsabilidade política, senón un compromiso co futuro de Ourense, coa súa xente e coa súa dignidade democrática”, fincou Vila.

MEDIDAS CONCRETAS

A iniciativa inclúe unha propostas concretas orientadas a asegurar que a reactivación sexa efectiva e non quede en simples promesas. Pide o nomeamento inmediato do novo comité para restablecer os mecanismos de control ético dentro da institución. Para iso, propón desenvolver un proceso público, transparente e participativo de selección dos membros, baseado en mérito, experiencia, independencia e compromiso co interese público, evitando calquera vencello directo ou indirecto cos grupos políticos no goberno.

Ademais, solicita revisar e actualizar os estatutos e o marco legal interno do Comité Ético para garantir a súa autonomía funcional e a separación efectiva respecto ao poder político, así como establecer un sistema de rotación e renovación progresiva dos membros, para evitar a perpetuación no cargo e asegurar a continuidade do órgano mesmo fronte a futuras vacantes ou dimisións.

Outra das medidas pasa por dotar ao novo Comité Ético de recursos humanos e técnicos axeitados, así como de apoio xurídico e administrativo, para que poida desenvolver a súa labor con eficacia e as máximas garantías de obxectividade e transparencia. Finalmente, a sexta proposta compromete á Deputación á publicación anual dun informe de actividades, decisións e recomendacións do Comité Ético, como exercicio de rendición de contas cara a toda a cidadanía ourensá.

UNHA DÉCADA DE PARÁLISE

Este órgano, creado en xuño de 2015 baixo a presidencia de Xosé Manuel Baltar, naceu con grandes expectativas, presentándose coma un dos piares dunha pretendida política de transparencia da institución. Non obstante, a súa traxectoria quedou truncada cando os seus membros dimitiron en masa ao comezo do debate sobre unha denuncia presentada polos socialistas por presuntas prácticas de acoso sexual ligadas a ofertas de emprego.

Esa crise puxo ao descuberto fraxilidades estruturais, a falta de independencia e a vulnerabilidade do comité ante cuestións politicamente sensibles. Desde entón, e a pesares de sucesivas promesas e anuncios, a instancia ética non só non se recompuxo, senón que permaneceu inactiva, deixando un grave baleiro institucional nun ámbito fundamental para a credibilidade da vida pública provincial.

“Namentres, sociedade mudou. A cidadanía demanda máis participación, maior conciencia sobre dereitos laborais, igualdade real e non discriminación, e máis máis esixencias en canto a transparencia e responsabilidade nos postos de poder. Neste contexto, resulta inadmisible que un instrumento tan importante coma o Comité Ético siga sen recompoñerse”, concluíu Vila.

⚙ Configurar cookies
0.18288493156433