O PSdeG pide a Jácome que poña en marcha un programa para conmemorar o Orgullo

OurenseXa
Acusan ao Goberno municipal de “subestimar a importancia de conmemorar o Orgullo LGBTI” e lamentan que non exista ningunha planificación para conmemorar esta data
María Fernández e Cristina Cruz, PSdeG-PSOE de Ourense
María Fernández e Cristina Cruz
13 Jun 2025

O PSdeG Concello de Ourense instan ao goberno municipal a elaborar un programa de actividades para conmemorar o Orgullo. Os socialistas consideran incomprensible “que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome continúe a i subestimar a importancia de conmemorar o Orgullo LGBTI e dar visibilidade unha realidade que aínda precisa toda o respaldo posible por parte das institucións para non retroceder nos dereitos acadados”.

Ante a pregunta da edil do PSdeG Cristina Cruz no pleno ordinario de xuño para saber se o executivo municipal tiña algunha programación, do mesmo xeito que acontece noutras urbes galegas para esa semana, tanto o alcalde como a edil de Artes e Festexos responderon que sería unha “sorpresa” e que polo momento non estaba “previsto nada”.

Neste senso, a voceira dos e das socialistas no Concello de Ourense, Natalia González, lamenta que non se planifique con tempo unha data que supón a oportunidade de dar visibilidade diferentes realidades e un recordatorio da loita continua pola igualdade e a dignidade humana para todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero. “A conmemoración do Orgullo non é simplemente un ‘Parade’ nin unha ‘sorpresa’. A cidadanía debe ter, e así o reivindicamos, unha programación co gallo desta data”, incidiu.

A ausencia de actos e actividades para dar visibilidade ao colectivo LGBTI, lembra os socialistas, non é unha excepción este 2025, senón que leva sendo a norma dende que DO colleu o bastón de mando hai seis anos e así o levan denunciando dende o grupo municipal socialista. Instan, nesta liña, ao rexedor e ao seu equipo de goberno a realizar un exercicio de comparación con outras urbes como A Coruña, na que se leva a cabo ata un festival que xira arredor da cultura LGBTI, e a que promova o Día do Orgullo en Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.17446899414062