O PSdeG de Ourense analiza o auxe da extrema dereita nas redes nunha nova sesión de ‘Conversas na Casa do Pobo’

OurenseXa
A sesión contou coa participación de Lucía de Castro, politóloga especializada en Seguridade Internacional e portavoz socialista en León
conversas-psoe-ourense-casa-do-pobo
21 Feb 2026

A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebrou un encontro aberto á cidadanía dentro do ciclo ‘Conversas na Casa do Pobo’ para reflexionar sobre o crecemento dos discursos de extrema dereita nas redes sociais e o seu impacto entre a mocidade.

A sesión contou coa participación de Lucía de Castro, politóloga especializada en Seguridade Internacional e portavoz socialista en León, quen abordou as dinámicas de difusión destas mensaxes no entorno dixital. Durante a súa intervención, defendeu a necesidade de que as forzas progresistas aposten por unha comunicación máis próxima e directa para contrarrestar os discursos de odio e a violencia de xénero. Tamén sinalou que os algoritmos das plataformas dixitais tenden a favorecer determinados contidos, o que, ao seu xuízo, contribúe a amplificar mensaxes baseadas na confrontación e na desinformación.

No acto participaron tamén a secretaria xeral do partido en Ourense, Natalia González; o secretario de XSO, Miguel Gómez; e o secretario provincial do PSdeG, Álvaro Vila.

0.084670066833496