O PSdeG reprocha ao PP de Ourense o seu rexeitamento a condenar o xenocidio en Gaza

OurenseXa
O PP provincial votou en contra dunha moción do BNG que pedía, entre outros asuntos, que a institución provincial condenase activamente o xenocidio contra o pobo palestino
grupo-provincial-socialista
Grupo Provincial Socialista
27 Sep 2025

O debate sobre a situación en Palestina centrou boa parte do pleno da Deputación de Ourense celebrado este venres. O Grupo Socialista acusou ao PP provincial de “falta de transparencia” e de contradicir a posición que a propia institución adoptara en xuño de 2024, cando todos os grupos apoiaron unha moción na que se cualificaban os ataques de Israel como “xenocidio” e “auténtico intento de limpeza étnica”.

O motivo da polémica foi a votación dunha iniciativa do BNG que buscaba situar á Deputación nunha posición de denuncia activa fronte ao xenocidio do pobo palestino. A proposta incluía a condena explícita de Israel, o veto á contratación pública con empresas vinculadas ao Estado hebreo, o compromiso de non participar en actos que contribúan a branqueamento do sionismo e a esixencia dun embargo militar. Tamén pedía apoiar a campaña internacional de Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) e reforzar a cooperación con proxectos que traballan en Gaza.

O PP votou en contra, o que impediu a aprobación da moción, que contou co apoio do PSdeG e a abstención de Democracia Ourensá. Para os socialistas, este rexeitamento supón un xiro respecto ao consenso acadado hai un ano e responde á subordinación do PP ourensán ás directrices do seu partido a nivel estatal.

⚙ Configurar cookies
0.10064101219177