O Punto Limpo Móbil de Allariz chega esta semana a Santa Mariña de Augas Santas

OurenseXa
Estará para a veciñanza do lugar ata o luns 17 de novembro
punto-limpo-mobil-allariz
12 Nov 2025

O Concello de Allariz informa de que o Punto Limpo Móbil permanecerá esta semana en Santa Mariña de Augas Santas, onde estará dispoñible ata o luns 17 de novembro.

A veciñanza poderá depositar neste servizo municipal residuos domésticos especiais, como pilas, lámpadas, pequenos aparellos eléctricos, aceites usados, cartuchos de tinta, roupa ou outros materiais que non deben tirarse nos colectores convencionais.

Desde o Concello amosan a súa satisfacción pola boa acollida que tivo o Punto Limpo Móbil e agradecen a colaboración da cidadanía para seguir adelante con este servizo.

⚙ Configurar cookies
0.076091051101685