O Punto Limpo Móbil trasládase a Nanín durante esta semana

OurenseXa
O servizo permitirá depositar residuos especiais sen ter que desprazarse a outras instalacións e busca facilitar a reciclaxe e o coidado do entorno
ALLARIZ punto limpo
9 Jan 2026

O Concello de Allariz informou de que, ao longo desta semana, o Punto Limpo Móbil estará situado en Nanín. Trátase dun servizo itinerante pensado para achegar á veciñanza unha opción máis cómoda para a correcta xestión de residuos especiais, que non deben tirarse nos colectores habituais.

Desde o Concello animan a aproveitar estes días para levar este tipo de refugallos e contribuír ao coidado do entorno, reforzando hábitos de reciclaxe e de tratamento responsable dos residuos.

⚙ Configurar cookies
0.080811023712158