O Rally de Ourense provocará cortes de tráfico no centro da cidade dende o xoves

OurenseXa
Tamén afectará aos percorridos de varias liñas do servizo de autobuses urbanos
Rally de Ourense
Rally de Ourense 2024
10 Jun 2025

O Rally de Ourense 2025, cuxo parque pechado estará emprazado na contorna do Parque de San Lázaro, ocasionará cortes, modificacións e restricións de tráfico en varias rúas do centro da cidade o xoves, 12 de xuño, de 17.00 a 23.59 horas e o venres 13, desde as 18.00 horas até o sábado 14, ás 23.00 horas. Tamén afectará aos percorridos de varias liñas do servizo de autobuses urbanos

VEHÍCULOS

Avenida da Habana, desde a rúa Manuel Pereira até Curros Enríquez: Anularase o carril esquerdo (terceiro no sentido da marcha), que será para facilitar a entrada dos vehículos do rallye ao parque pechado. Os dous carrís restantes quedarán abertos ao tráfico: o central para continuar pola Avenida da Habana e o dereito para virar cara a Curros Enríquez.

Avenida da Habana, desde Xoán XXIII até Curros Enríquez: Terá dobre sentido de circulación. Os vehículos que desexen continuar pola Avenida da Habana ou Xoán XXIII irán polo carril máis próximo á beirarrúa dereita, agás os autobuses e os vehículos de categorías M, N e O. Estes deberán deben continuar pola Habana en sentido descendente, e habilitarase unha parada provisional fronte ao supermercado Froiz. O carril restante, en sentido ascendente, estará reservado para o tráfico procedente da parte traseira da Subdelegación do Goberno, que accederá desde alí á intersección con Curros Enríquez. Os vehículos procedentes de Xoán XXIII poderán virar cara á esquerda para acceder á Avenida da Habana en sentido descendente, realizando un ceda o paso aos vehículos que xa se atopen nesa vía e respectándolles o seu xiro á esquerda.

Rúa Curros Enríquez, desde a Avenida da Habana até a Rúa Xocas: Estará pechada á circulación xeral de vehículos. Permitirase a entrada e saída do vao existente.
Rúa Curros Enríquez, desde a Avenida da Habana até a Rúa Samuel Eiján.; No punto máis próximo á intersección coa Habana anularase o carril esquerdo, coa finalidade de permitir que os autobuses poidan realizar o xiro cara ao carril dereito da avenida sen invadir o sentido contrario. Esta medida busca evitar interferencias entre o transporte público e os desvíos establecidos para o resto do tráfico rodado.

Rúa Xoán XXIII, entre a rúa Concello e a Avenida da Habana: O tráfico procedente de Xoán XXIII en dirección ao Parque de San Lázaro, desviarase por Xoán XXIII (parte traseira da Subdelegación do Goberno) e o tráfico de Rúa Concello deben virar á dereita en dirección centro cidade.

AUTOBUSES

O Rallye tamén afectará aos percorridos de varias liñas do servizo de autobuses urbanos, os mesmos días e ás mesmas horas.
Os vehículos en sentido a Curros Enríquez circularán por detrás da Subdelegación de Goberno. A parada do Parque San Lázaro estará anulada, e haberá outra provisional no carril por detrás da Subdelegación de Goberno.

Os vehículos en sentido ao Xardín do Posío, dende Curros Enríquez circularán pola Avenida da Habana e a rúa do Progreso. A parada de Xoán XXIII quedará anulada pasando a facerse unha parada provisional diante do supermercado Froiz, na Avenida da Habana.

A liña número 5 “Reza – Ceboliño” fará o percorrido en dirección a Ceboliño dende a rúa Concello por Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro e a Avenida de Bos Aires.
A liña número 19 “Praza Maior -Termas de Outariz”, o sábado 14, dende a rúa Concello fará o percorrido de ida e volta pola rúa do Progreso ata a Praza Maior.

⚙ Configurar cookies
0.16759395599365