O Rally de Ourense regresa do 13 ao 14 de xuño con paso por 11 concellos

OurenseXa
Taboadela, A Merca, Celanova, Toén, Amoeiro, Cenlle, San Amaro, Ribadavia, A Arnoia, Cartelle e Toén acollerán probas do rally
Rally de Ourense
Rally de Ourense 2024
31 May 2025

O Rally de Ourense regresa do 13 ao 14 de xuño de 2025. Un dos eventos máis esperados da provincia que reúne cada ano a miles de afeccionados ao motor e que este ano contará cun percorrido de preto de 160 quilómetros de competición.

O Venres, 13 de xuño, o percorrido pasará polos concellos de Taboadela, A Merca, Celanova e Toén, mentres que o venres a proba percorrerá os concellos de Amoeiro, Cenlle, San Amaro, Ribadavia, A Arnoia, Cartelle e Toén. A agrupación farase na cidade.

Serán, en total, 14 probas cronometradas ao longo de preto de 500 quilómetros e incluirá un percorrido nocturno. Iso si, unha vez máis, non terá percorrido urbano.

⚙ Configurar cookies
0.16131997108459