O Samaín chega a Verea con actividades na Casa da Cultura

O Samaín adiántase en Verea cunha festa este mesmo xoves, 30 de outubro, na Casa da Cultura.
Maiores e pequenos poderán gozar dunha tarde de medo dende 17:00horas, nunha cita promovida polo concello que incluirá obradoiros de maquillaxe e manualidades, e un Túnel do Terror.