O sector da alimentación da provincia de Ourense convoca dúas novas xornadas de folga

OurenseXa
Os novos paros de 24 horas terán lugar o venres 6 e o sábado 7 de xuño
mobilizacions-comercio-alimentacion-ourense
Mobilizacións do sector da alimentación en Ourense
28 May 2025

As asembleas de persoas traballadoras do comercio de alimentación da provincia de Ourense decidiron este martes convocar dúas novas xornadas de folga os vindeiros días 6 e 7 de xuño para reclamar un convenio digno que permita a equiparación coas condicións laborais das que goza o persoal do sector na Coruña e Pontevedra.

As centrais CIG, CCOO, UGT e USO acordaron promover a celebración das asembleas tras o fracaso da segunda mesa de negociación coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, na que a patronal achegou unha proposta “insultante” que non permite compensar a perda de poder adquisitivo.

Xa que contempla unha oferta económica de 18.100 euros anuais en 2025, 18.800 en 2026, 19.500 en 2027 e 19.860 en 2028; cunha cláusula de revisión anual cun incre-mento do 2,5 % se o IPC de 2025 supera a suba que supoñen as táboas salariais dese ano. Para o resto dos anos utilizaríase o mesmo sistema de revisión salarial.
A proposta do empresariado contempla ademais só 3 fins de semana de calidade (1 cada catro meses) e o mantemento da categoría IV como categoría de entrada e pro-moción automática ao ano.

Diante disto, a os sindicatos anunciaron que non ían tolerar máis estas “faltas de res-pecto” ao persoal e lamentaron que despois da “histórica” xornada de folga do pasado día 16 a patronal siga “sen reflexionar”. Polo que optaron por organizar as asembleas, que hoxe decantáronse masivamente por convocar dúas novas xornadas de paros de 24 horas o venres 6 o sábado 7 de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.16309690475464