O sector da lousa supón o 27% das exportacións totais da provincia de Ourense

OurenseXa
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou a importancia deste sector como motor económico e social
II Premio de construción sostible con lousa
II Premio de construción sostible con lousa
27 Nov 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, salientou hoxe que a presenza feminina no sector da lousa é cada vez maior posto que, dos 2.500 empregos directos que xera esta industria en Galicia, un 25% deles están ocupados por mulleres.

Así o puxo en valor durante a súa intervención no acto de entrega do II Premio de construción sostible con lousa, que organiza o clúster do sector en Galicia, e que lle foi outorgado á nova adega de Virgen del Galir, na categoría de mellor fachada; ás edificacións de Aldea Candeda, como mellor cuberta; e aos promotores da restauración do albergue de Carballeda de Valdeorras, que recibiron un accésit especial.

Fernández Vila, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, salientou a mellora tecnolóxica que vén rexistrando este sector coa incorporación de nova maquinaria, por exemplo, de exfoliado e corte, que repercute positivamente tanto na optimización dos procesos produtivos como nas condicións de seguridade laboral.

De igual xeito, resaltou a súa capacidade exportadora, xa que vende ao exterior o 95 por cento da súa produción e representa o 27% das exportacións totais da provincia de Ourense. Un motor económico e social, dixo, que contribúe a á fixación de poboación no rural.

0.15682888031006