O servizo de atención integral de ACCU Ourense atende a 30 persoas co apoio da Fundación Once

ACCU Ourense desenvolveu atención integral a persoas con Crohn e colitis ulcerosa de toda a provincia, chegando a realizar 90 intervencións no primeiro semestre do ano. “Neste período”, explica Fernando Jiménez, presidente de ACCU Ourense, “rexistrouse un aumento significativo das intervencións sociais debido á gran demanda de información, orientación e asesoramento que está a recibir a entidade. Na maior parte dos casos atendidos, foi necesario realizar moitas actuacións, xa que adoitan darse, en cada persoa, múltiples casuísticas que requiren abordaxes diversas”.
Con este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), desenvólvense intervencións profesionalizadas de ámbito social e sanitario, así como intervención social, apoio persoal, tarxeta aparcamento, Acceso ACCU inmediato a aseos públicos e privados, baños adaptados para persoas ostomizadas, integración laboral e sensibilización, concienciación e visibilización.
Chari Álvarez, traballadora social de ACCU Ourense, explica que “as intervencións se han incrementado un 30 %, con respecto ao previsto no principio do ano, ao realizar 90 intervencións sociais. O noso servizo implementou maiormente intervencións relacionadas con procesos de discapacidade e incapacidade, recursos dispoñibles, orientación laboral e afectación física, social e emocional das patoloxías. Para iso e grazas aos organismos que nos apoian, ofrecemos atención social, psicolóxica e fisioterapéutica de forma gratuíta para que as persoas socias poidan dispoñer destes servizos cando o precisen”.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.