O servizo de otorrinolaringoloxía do Hospital de Ourense aposta pola tecnoloxía de última xeración

OurenseXa
A Xunta investirá máis de 100.000 euros na compra de seis microscopios de exploración de última xeración
servizo-otorrinolaringoloxia-chuo
Servizo de otorrinolaringoloxía do CHUO
26 May 2025

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia, a licitación, por importe de 101.640 euros, da compra de seis microscopios de exploración para consulta con destino ao Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Universitario de Ourense.

As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 13 de xuño para presentar as súas ofertas.

Esta licitación responde á necesidade de dotar o servizo de otorrinolaringoloxía do Hospital Universitario de Ourense con microscopios de exploración de última xeración con destino ás consultas para visualización a grande aumento das estruturas internas do oído, coa finalidade de identificar pequenas lesións que non serían visibles de xeito directo.

En otorrinolaringoloxía o microscopio utilízase principalmente para a exploración do oído en consulta, permitindo facer diagnósticos de maior precisión que coa simple otoscopia de patoloxías, como a otite media serosa, así como diferenciar entre perforación timpánica e unha zona monomérica da membrana timpánica, e diferenciar entre placas de miringoesclerose de corpos estraños ou otites medias crónicas.

Tamén é de grande utilidade para a realización de determinadas actuacións tales como a extracción de corpos estraños, aspiracións de secrecións, etc.

⚙ Configurar cookies
0.08240008354187