O Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables coloca a Ourense no eixo da Arquitectura Sostible

OurenseXa
Expourense acollerá, o vindeiro 30 de maio, a décimo séptima edición do Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables
simposio-enerxias-renovables
Presentación da décimo séptima edición do Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables en Expourense
22 May 2024

Expourense organiza a décimo séptima edición do seu Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables, que unha vez máis estará centrado en analizar casos de éxito en Arquitectura Sostible e na presentación de innovacións nos sistemas de captación de enerxía.

Celebrarase no recinto feiral o vindeiro xoves 30 de maio pola mañá e contará coa participación de 8 arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes en arquitectura sostible en España Suecia e Suíza. Esta xornada está especialmente dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores e tamén ten o obxectivo de orientar a promotores e construtores no uso de enerxías renovables como vantaxe á hora de vender as súas promocións inmobiliarias.

A asistencia é gratuíta pero precisa de inscrición previa a través da web de www.expourense.org. O XVII Simposio sobre Enerxías Renovables está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Investigación Geotérmica e conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense. O director de INGEO, Alfredo Fernández, destaca que os relatores desta edición son “referencias mundiais en arquitectura sostible e geotermia” e que é unha excelente oportunidade para os profesionais de toda Galicia.

Esta actividade formativa foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que participou a directora territorial da Consellería de Economía e Industria, Alicia López; o deputado de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación Provincial de Ourense, José María Lago; o director de INGEO, Alfredo Fernández; e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Programa

O primeiro bloque do programa estará centrado na presentación de tres casos de éxito en Arquitectura Sostible. O primeiro deles analizará os sistemas de climatización sostible e eficiente do novo edificio de Apartamentos Turísticos “Quinta dos Molinos” no centro de Madrid e correrá a cargo de Julián Mingo Ibáñez. Director Técnico de AECOM, unha empresa de enxeñería, arquitectura e medio ambiente referente en España que cotiza en Bolsa, conta con 87.000 empregados e realiza obras por todo o Mundo da man dos arquitectos máis importantes. Este relatorio abordará a aplicación de enerxías sostibles na propiedade privada.

O segundo caso de éxito que se presentará será o da Comisaría Central da Policía Nacional de Soria como exemplo de edificio público sostible e que foi inaugurado o pasado mes de abril. Correrá a cargo de Ángela Guzmán, Arquitecta da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e de Seguridade do Estado (SIEPSE) e de Sergio Tornei Darriba, Enxeñeiro Industrial e CEO de INGENIERIA TORNE. Trátase dunha edificación de 4.700 metros cadrados considerada como Edificio de Consumo de Enerxía Case Nulo (EECN). Isto supuxo a posta en marcha dunha serie de procedementos, técnicas e materiais que garanten que a obra se execute integrando aspectos como a eficiencia enerxética, a través do máximo aproveitamento da luz natural; ou a economía circular, coa utilización de materiais sostibles en liña coas esixencias climáticas da cidade de Soria.

Este simposio incluirá un caso de éxito en arquitectura sostible executado en Galicia. Trátase da nova sede corporativa de Hijos de Rivera – Estrela Galicia situado na Coruña, unha “marabilla arquitectónica” (en palabras do coordinador do simposio Alfredo Fernández) obra do arquitecto galego Manuel Jorreto que será presentado por Luis Enrique Durán. Enxeñeiro Técnico Industrial de Obradoiro Enxeñeiros.

A segunda parte do programa do simposio estará xa máis enfocada aos novos sistemas de captación de enerxía. José Acuña de Bengt Dahlgren de Suecia, empresa punteira en Enxeñería Civil, presentará experiencias na democratización do negocio da enerxía en Estocolmo. O Dr. Acuña é unha referencia mundial no sector da Ingenería e é profesor de de o Real Instituto de Tecnoloxía de Suecia KTH, unha das universidades técnicas líderes en Europa.

Dentro das innovacións en enerxías limpas destaca o Hidróxeno Verde que será o protagonista do relatorio que explicará o seu potencial como solución na obtención de enerxía tanto nas empresas como na sociedade en xeral. Correrá a cargo de Mayte Gutiérrez Roselló (presidenta) e Carlos Pozurama (técnico) da AGH2 – Asociación Galega do Hidróxeno.

Como é habitual, a geotermia será tamén un dos temas abordados neste simposio e correrá a cargo do enxeñeiro Daniel Anderegg de HAKA Gerodur Geothermal Systems de Suíza que presentará as últimas innovacións en sistemas de captación de enerxía.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20395612716675