O socialismo ourensá rendeu homenaxe a Pablo Iglesias Posse polo 1 de maio

OurenseXa
Reivindicaron a conquista dos dereiros laboráis e as reduccións de xornadas laboráis que “sempre chegan da man de gobernos socialistas”
psoe-ourense-homenaxe-pablo-iglesias
2 May 2025

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense celebrou, esta mañá, a súa tradicional ofrenda floral a Pablo Iglesias Posse, fundador do Partido Socialista Obreiro Español, e levou a cabo a lectura do manifesto do PSOE para, no Día internacional das e dos Traballadores, render homenaxe a todas as persoas que ao longo de xeracións loitaron por unhas condicións laborais dignas e xustas. “A nosa memoria está con todas aquelas persoas que abriron camiño e tamén con quen hoxe, dentro e fóra das nosas fronteiras, segue defendendo os dereitos laborais e a xustiza social”, sinalou a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González.

Neste senso, a socialista tamén destacou os avances laborais acadados nos últimos sete anos por ser o resultado dun firme compromiso cas e cos traballadores e os fogares españois. “O máis evidente exemplo delo é o incremento paulatino do Salario Mínimo Interprofesional que contribuíu a mellorar a vida de millóns de empregados e empregadas e a reforzar a nosa rede de protección social”, defendeu durante a súa intervención.

E destacou, con especial énfase, as 40 horas semanais que se acadaron baixo o liderado dun goberno socialista e que será novamente baixo o liderado dun goberno socialista cando se asente a súa redución ás 37,5 horas. “Esta conquista vai dirixida a mellorar a conciliación entre a vida persoal e profesional e contribuirá a mellorar, por riba de todo, á calidade de vida das mulleres”, afirmou.

Pola súa banda, o recentemente elixido como secretario provincial, Álvaro Vila, aproveitou para recordar que Pablo Iglesias plantou “a semente da emancipación obreira” e o pensamento de que “a solidariedade non é un xesto”, senón “un deber”. “A loita polos dereitos laborais , a dignidade e a igualdade é unha causa que debe trascender xeracións”, resaltou ante os asistentes.

“O seu exemplo interpélanos, convócanos a manter firme a defensa de democracia e dos dereitos conquistados. E recórdanos que cada avance social foi froito do esforzó colectivo e da vontade dos que, como el, non se resignaron á inxustiza”, engadiu facendo unha mención de agradecemento ao movemento sindical que resultuou fundamental na historia do noso país e que continuará a selo fronte a unha ultradereita que enarbora os aranceis que tanto daño poden causar ao sector primario e á industria.

Noemí Álvarez, nomeada secretaria comarcal da UGT, tamén intervíu por primeira vez, tomando o relevo de Cristóbal Medeiros, nun acto no que é tradición a unión dos e das socialistas e a organización sindical. E en concordancia co lema escollido pola Unión General de Trabajadores, defendeu a importancia de continuar defendendo o xa conquistado para “gañar o futuro”. E enxalzou o legado e a figura do fundador do partido e a organización da que está á fronte e de cuxo falecemento se cumprirá un século a finais deste mesmo ano.

“No relativo á guerra comercial impulsada pola nova administración Trump, coa imposición de aranceis que ameazan gravemente ao comercio mundial, require dunha resposta firme e coordinada da Unión Europea. Fronte ás políticas das extremas dereitas, que promoven o desmantelamento do Estado de benestar, a deterioración dos servizos públicos, o odio á diversidade, a oposición a políticas de igualdade, a súa defensa do racismo e a xenofobia ou o negacionismo da crise climática, súmase unha aberta hostilidade ao proxecto europeo”, subliñou.

Despois da homenaxe e reivindicación por continuar mellorando as condicións da clase traballadora, reducir a fenda salarial e a xornada laboral, a agrupación municipal tamén percorreu as rúas de Ourense na manifestación convocada polas organizacións sindicais da provincia ao mediodía.

⚙ Configurar cookies
0.19675302505493