O Son do Arnoia ofrecerá tres concertos este venres en Baños de Molgas

OurenseXa
Doc Magoo’s, Broken Peach e En Mala Hora actuarán no Parque Ansuiña
presentacion-son-do-arnoia-2025-baños-de-molgas
Presentación do Son do Arnoia 2025
31 Jul 2025

Baños de Molgas acollerá o 1 de agosto de 2025 unha nova edición do Festival O Son do Arnoia, que foi presentado oficialmente esta semana nun acto que contou coa presenza do alcalde, Manuel Ángel Fernández Movilla, o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Quique Álvarez Fernández, o concelleiro de Deportes e o presidente da Asociación de Veciños de Baños de Molgas.

O evento, que terá lugar no Parque Ansuiña, comezará ás 21:30 horas cunha cea popular e continuará con música en directo a cargo de Doc Magoo’s, Broken Peach e En Mala Hora.

⚙ Configurar cookies
0.16038703918457