O Son do Arnoia regresa en agosto a Baños de Molgas

OurenseXa
O festival celebrarase o 1 de agosto e contará coas actuación de Doc Magoo’s, Broken Peach e En Mala Hora
son-do-arnoia-2025
9 Jul 2025

Baños de Molgas acollerá o próximo 1 de agosto unha nova edición do Festival Son do Arnoia, unha das citas musicais máis esperadas da zona. O evento terá lugar no Parque Ansuiña e comezará cunha cea popular ás 21:30 horas.

A noite continuará coa música en directo de grupos como Doc Magoo’s, Broken Peach e En Mala Hora, ofrecendo un ambiente único cheo de ritmo e boa gastronomía. Os tickets para a cea están á venda nos bares da vila ata o 30 de xullo, cun prezo de 20 euros para adultos, 10 euros para nenos de 6 a 12 anos e gratuíto para menores de 5 anos.

Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Veciños de Baños de Molgas, coa colaboración do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.1692419052124