O subdelegado do Goberno en Ourense fai un chamamento continuar loitando contra a violencia machista

OurenseXa
Eladio Santos presidiu esta mañá un acto de repulsa contra estes crimes ante a Subdelegación do Goberno en Ourense
minuto-silencio-subdelegacion-ourense
Minuto de silencio fronte á Subdelegación do Goberno en Ourense para condenar a violencia machista
25 Jun 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, instou hoxe a seguir loitando contra a violencia machista, despois de que o Ministerio de Igualdade declarase como violencia de xénero os crimes acontecidos en Fuengirola (Málaga) e Getafe (Madrid).

“Estes crimes impáctannos, pero en realidade a violencia contra a muller está cada día presente na nosa sociedade. As Forzas e Corpos de Seguridade están na vangarda desta loita e as institucións e as autoridades políticas e xudiciais temos que acompañar ás vítimas e visibilizar este drama”, remarcou o subdelegado.

Eladio Santos presidiu esta mañá un acto de repulsa contra estes crimes ante a Subdelegación do Goberno en Ourense, xunto a persoal da mesma, representantes doutras institucións e membros da Policía Nacional e da Garda Civil. Todos eles gardaron un minuto de silencio polas dúas vítimas, que elevan a 16 o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España en 2025 e a 1.310 desde 2003.

Aparte dos dous casos confirmados, lamentou o subdelegado, a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero está xuntando datos sobre o crime dunha muller e do seu fillo en Algemesí (Valencia) por presunta violencia de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.2111828327179