O sumiller chantadino Marcos Eiré, finalista no Concurso Camareiro do Ano 2025-2026

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Eiré, actualmente primeiro sumiller do restaurante Miguel González de Ourense, acumula unha ampla experiencia e foi recoñecido en varias ocasións pola súa traxectoria profesional
marcos-eire
15 Jan 2026

O próximo 26 de marzo celebrarase en Barcelona, durante Alimentaria-Hostelco, a gran final do Concurso Camareiro do Ano 2025-2026, na que competirán seis finalistas entre os que destaca Marcos Eiré, primeiro sumiller do restaurante Miguel González de Ourense.

Esta sexta edición do certame reúne profesionais de alto nivel, con tres dos finalistas traballando en restaurantes con estrela Michelin. Marcos Eiré, natural de Chantada (Lugo), acumula ampla experiencia en distintos establecementos recoñecidos, como El Capricho en León ou Árbore da Veira en A Coruña, este último con unha estrela Michelin.

Formado no Instituto Galego do Viño e con certificacións internacionais, Eiré foi recoñecido en varias ocasións, incluíndo a súa nominación a mellor sumiller por INGAVI e a súa participación como semifinalista no Campionato de España de Sumilleres.

“Estar na final anímanme a gozar e competir cos mellores”, valora Eiré, que afirma que este logro supón un impulso que lle axudou a recuperar a motivación tras un ano de retos persoais e profesionais.

Ademais de Eiré, a final contará coa participación doutros profesionais destacados, como Javier Gil (Gaytán, Madrid), Paloma Sánchez (Santa Ana, Murcia), Juan David Marco (Saddle, Madrid), Sonia García (El Estudio, Santiago) e Javier Jiménez (Aragonia, Zaragoza).

⚙ Configurar cookies
0.081839799880981