O Teatro Principal acolle esta noite a entrega dos 'OUFF Game Awards'

OurenseXa
A organización dará a coñecer esta noite os deseñadores e videoxogos gañadores desta edición
ONE BTN Bosses, videoxogo finalista dos OUFF game Awards 2024
ONE BTN BOSSES, videoxogo finalista dos OUFF game Awards 2024
5 Out 2024

O Ourense Film Festival 2024 chega a súa recta final esta fin de semana. Tras a Gala de Clausura, celebrada na noite deste venres, 4 de outubro, agora chega o turno das curtas e os videoxogos, cunha gala que terá lugar esta noite no Teatro Principal e onde a organización dará a coñecer os deseñadores e videoxogos gañadores desta edición.

Entre os finalistas están ‘Umbra’, un videoxogo “indie” de Ceres Studio de quebracabezas e plataformas onde o xogador controla a unha pequena sombra que deberá percorrer as distintas estancias do teatro chinés no que se atopa coa finalidade de descubrir por que é a única entre as demais que cobrou vida; ONE BTN BOSSES (Midnight Munchies), un videoxogo Boss Rush tacticamente complexo que proporciona batallas intensas contra xefes empregando un só botón; Spells & Spices (Emergency Meeting Studios), un videoxogo de acción e aventura para un xogador, no que o xogador encarnará a Eslamiado, Vainilla, Percebe e moitos outros chefs con poder especiais; The Pet Squad (DevMO Games), un xogo de plataformas e quebracabezas 2D con estética pixel-art que pon ao xogador no lugar dun operador de apoio de T.P.S, unha organización que se encarga de manter a orde entre humanos e animais evolucionados de forma artificial, os Animanos; Xelatina is Hungry (Under Castle), onde unha unha xelatina alieníxena famenta sementa o caos no universo; e Dead men DO tell tales (Tentativo Studios e Team Panda), onde os xogadores exploran as profundidades do océano tras atopar un misterioso barco afundido.

0.15232801437378