O Teatro principal acolle este sábado a obra "Poncia"

OurenseXa
A obra está escrita e dirixida por Luis Luque e protagonizada por Lolita Flores. 
poncia_teatro_principal_lolita_flores
27 Feb 2024

O Tetatro Principal de Ourense acolle este sábado 2 de marzo ás 20.00 horas a obra "Poncia", escrita e dirixida por Luis Luque e protagonizada por Lolita Flores.

Sinopse

Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas.

Este texto está escrito a partir das intervencións do personaxe de Poncia na obra de Federico García Lorca. Nunha profunda análise do personaxe, rescatei as intervencións de Poncia e convertinas en reflexión, soliloquios, diálogos con pantasmas e sombras. Deste xeito, alúmase un novo mirar dentro da casa. Na obra orixinal asistimos a unha sucesión de feitos que se desenvolven en orde cronolóxica. Aquí, nesta Poncia, non. Ela fala despois do shock producido polo suicidio de Adela. Todo ocorre despois da súa morte.

⚙ Configurar cookies
0.14034104347229