O Teatro Principal acollerá a estrea da ópera 'A Loba Branca', de Brais González

OurenseXa
A obra está baseada nunha coñecida historia da Serra do Courel “lenda da loba branca”, un relato curto que narra a complicada relación entre unha manada de lobos e as aldeas veciñas
Presentación da ópera 'A Loba Branca' no Teatro Principal
Presentación da ópera 'A Loba Branca' no Teatro Principal
17 sep 2024

O Teatro Principal da Deputación de Ourense acollerá a estrea, en versión orixinal en galego, da ópera de Brais González 'A Loba Branca', que foi estreada no ano 2022 en Italia. Os espectadores poderán gozar desta obra, o vindeiro 27 de setembro ás 21.00 horas, que está baseada nunha coñecida historia da Serra do Courel “lenda da loba branca”, un relato curto que narra a complicada relación entre unha manada de lobos e as aldeas veciñas.

A través desta historia, Brais González trata nesta ópera temas de gran relevancia como as complicadas relacións coa contorna natural, o respecto á natureza, a honra ou a vinganza.

A obra foi presentada este luns  polo director da área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez; a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; o coordinador da xornada “A música ten ondas como o mar: A Música e Vicente Risco”, Xosé Rodríguez; o guitarrista, investigador e coordinador das xornadas, Samuel Diz; e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

0.18151783943176