O Teatro Principal acolle a estrea nacional da comedia "+Cuñados"
O Teatro Principal de Ourense acolle este mércores, 10 de abril, a estrea nacional da comedia "+Cuñados".
Sinopse
Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para festexar unha das tradicións preferidas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos dende a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do botín que lles caeu do ceo. Entre unha cousa e a outra, Modesto converteuse nun membro máis da familia. Un cuñado máis. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que acabará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui e que converterá este Carnaval nun auténtico baile de máscaras.
Entre o elenco atópanse Xosé A.Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez,Eva Fernández,Iolanda Muiños, Maria Vázquez, Mela Casal, Patricia Torres, Ivo Bastos, Manuel Cortés,Antía Touriñan.