O Teatro Principal acollerá este sábado a peza "Archipiélago de los desastres"

OurenseXa
Un espectáculo cheo de danza, teatro e música
Archipielago_de_los_desastres
13 Feb 2024

O Teatro Principal acolle este sábado 17 de febreiro ás 20.00 horas Archipiélago de los desastres, unha obra de Isabel Vázquez dirixida por Elena Carrascal.

Sinopse

Dende que nacemos percórrenos unha greta. Somos vulnerables. Con todo, aspiramos a esconder a nosa natureza fráxil, esa que nos fai máis humanos e auténticos, baixo a máscara da infalibilidade. Pero ¿e se existise un lugar onde non tivésemos medo a rompernos, onde fosen os valentes sen medo ó fracaso, onde fracasar fose todo un éxito? Un lugar onde a vulnerabilidade é un superpoder.
En Archipiélago de los Desastres, partimos dispostos a fracasar mentres podamos, con cabeza, tranquilamente… Nada de fracasar ás toas. Fracasaremos como sempre ou como nunca, nun acto ou en tres, nun monólogo ou nun diálogo. Fracasaremos ata converter o fracaso nunha obra de arte.
Un espectáculo musical, un espectáculo de danza onde hai moito teatro cunha boa dose de humor intelixente en clave de cabaret con cancións e música en directo. Hai quen vai a misa e atopa a fe. Eu vou ao teatro, e obras como esta axúdanme a non perder a miña fe. A miña fe no mundo, no futuro, na condición humana.
Sobre as táboas este arquipélago conta cun estupendo e diverso reparto de actores que bailan, bailaríns que cantan,… nunha perfecta harmonía. Versátiles, brillantes todos, dando a enerxía e a faísca que dá ritmo e vida a esta obra. Un verdadeiro arquipélago de talento.

 

 

Archipielago_de_los_desastres_2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18781614303589