O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro sábado a ópera "Otello"
O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro sábado 9 de marzo a representación da ópera "Otello", que será representada pola Compañía "LGAM".
Sinopse
OTELLO é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, a partir da obra de Shakespeare Otelo, o mouro de Venecia. Foi a penúltima ópera de Verdi, estreada en o Teatro da Scala de Milán o 5 de febreiro de 1887
Argumento
Otello, xeneral mouro ao servizo da República de Venecia e gobernador de Chipre, regresa vitorioso da súa batalla contra o Turco. O malvado Jano urde un plan para desprestixiar a Cassio, recentemente ascendido, obrigando a Otello a degradarlle.
Jago convence a Cassio para que vaia a falar con Desdemona e así ela interceda por el ante o seu marido, a conversación entre eles esperta os celos no mouro.
Otello pedirá a Jago probas da infidelidade da súa muer, este roubando un pano a Desdemona dille ao mouro que Cassio garda un agasallo que confirma o pecado.
Cando Otello pescuda que Desdemona non ten o pano, é devorado polos celos, aínda máis ao escoitar escondida a conversación de Jago con Cassio quen está agora en posesión do ditoso pano.
Movido por unha furia cega Otello mata a Desdemona na cama matrimonial, desatendendo ás súplicas da pobre inocente.