O Teatro Principal de Ourense acollerá seis propostas culturais durante o mes de marzo

OurenseXa
A programación comezará o vindeiro venres, 8 de marzo, e incluirá espectáculos de teatro, música e danza
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
1 Mar 2025

O Teatro Principal de Ourense arrancará o vindeiro venres, 8 de marzo, a súa programación cultural para es mes, que incluirá un total seis propostas de teatro, música e danza.

A primeira das funcións programadas será “Una madre de película”, protagonizada por Toni Acosta, seguida da función “La Regenta”, o clásico de Leopoldo Alas Clarín que porá en escea a compañía Secuencia3. Neste caso, a representación terá lugar o 5 de marzo. Ao día seguinte, o 16 de marzo, será a quenda de “Trash!”, de Yllana Teatro.

Xa a finais de mes, o día 21, terá lugar o concerto Nando Agüeros, que chega a Ourense coa súa xira “Canciones desnudas”, mentres o día 22 a protagonista será a danza contemporánea da man de “Distirak”, un espectáculo que presentará un tríptico vangardista de danza que fusiona frescura, cores vibrantes e un vínculo universal coa audiencia.

Para rematar, o día 27 terá lugar o espectáculo de gran formato para público adulto “Reconversión”,  con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. A comedia “Las locuras por el veraneo”, de Carlo Goldoni, pecharán o mes o vindeiro 29 de marzo.

⚙ Configurar cookies
0.11353302001953