O Teatro Principal de Ourense comeza o ano cunha extensa programación cultural

O Teatro Principal de Ourense comeza o ano cunha extensa programación cultural que arranca este día 2 co tradicional concerto de Aninovo.
Entre os espectáculos máis destacados para este semestre figuran a obra ‘Viejos tiempos’, protagonizada por Ernesto Alterio, así como a presentación do novo álbum do músico Ángel Stanich. O teatro galego estará representado con ‘Desterradas’, gañadora do 25º Premio Álvaro Cunqueiro, mentres que a ópera terá o seu espazo con ‘L’elisir d’amore’ de Donizetti.
A danza tamén cobra protagonismo con ‘Creavida’, un espectáculo de Rafaela Carrasco, galardoada co Premio Nacional de Danza en 2023.
Unha novidade será o estrear do ‘I Festival de música Ourenclásica’, que reunirá en marzo a destacados músicos como o violinista ourensán José Manuel Álvarez Losada e o guitarrista Marcos Díaz, xunto con outros artistas de renome.
No teatro, Anabel Alonso protagonizará ‘La mujer rota’, baseada na obra de Simone de Beauvoir, e José Sacristán regresará coa dirección de ‘El hijo de la cómica’. A compañía Tricicle presentará ‘La venganza de Don Mendo’ e a programación incluirá tamén a 31ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ourense (MITEU).
PROGRAMACIÓN DESTACATA DE 2026 DO TEATRO PRICIPAL DE OURENSE