O Torneo Xou Semana Santa de Fútbol Sala Base de Amoeiro contará cunha mesa solidaria

OurenseXa
Desde a organización fan un chamamento á colaboración cidadá animando a achegar, polo menos, un quilo de alimentos non perecedoiros
presentacion-torneo-futbol-amoeiro
2 Apr 2026

O polideportivo de Amoeiro acollerá os días 3, 4 e 5 de abril o Torneo Xou de Semana Santa de fútbol sala base, unha cita deportiva que se celebra por primeira vez no municipio e que combinará deporte e solidariedade.

Durante o desenvolvemento do torneo instalarase unha mesa solidaria na que se recollerán alimentos para axudar ás familias que máis o necesitan. Dende a organización fan un chamamento á colaboración cidadá animando a achegar, polo menos, un quilo de alimentos non perecedoiros.

O evento reunirá equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, co obxectivo de fomentar o deporte base e a participación da mocidade nunha actividade de ámbito local e autonómico. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Amoeiro, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia a través de Deporte Galego e a Real Federación Galega de Fútbol.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 699 192 723 ou do correo electrónico medrando.amoeiro@gmail.com.

0.13122606277466