O V Certame Literario de Taboadela xa ten gañadores

OurenseXa
A iniciativa busca fomentar o uso do galego, promover a escrita creativa e crear espazos de participación cultural no municipio
premios-certame-literario-taboadela-2025
Entrega de premios do V Certame Literario de Taboadela
26 May 2025

O Concello de Taboadela celebrou esta fin de semana a entrega de premios da quinta edición do seu Certame Literario, unha proposta que continúa medrando ano tras ano grazas á participación activa das veciñas e veciños de todas as idades.

O acto, que contou cunha boa asistencia de público, serviu para recoñecer o traballo das persoas gañadoras nas tres categorías do certame. Na categoría infantil, de 8 a 12 anos, a premiada foi Clara Martínez Pereira. Na categoría xuvenil, de 13 a 17 anos, o primeiro premio recaeu en Lena Santos Montecelo. Na categoría de persoas adultas, maiores de 18 anos, os galardóns foron para Óscar Guzmán, co primeiro premio, e María José Diz, que recibiu o segundo.

A entrega estivo a cargo da concelleira Esther Montecelo, acompañada polos membros do xurado: Xosé Antón Vila Sobrino, investigador e docente da Universidade de Vigo, como presidente; Aida Menor Vila, concelleira de Educación e Asuntos Sociais, como secretaria; e David Vázquez Nóvoa, administrativo da Biblioteca Municipal, como vogal.

Durante o acto puxéronse en valor non só a calidade dos textos presentados, senón tamén a importancia de iniciativas como esta para dinamizar o uso do galego, fomentar a creatividade na escrita e crear espazos culturais de participación veciñal.

Desde o Concello anuncian que nos vindeiros días se porán en contacto coas persoas premiadas para xestionar o abono dos premios, e que xa se está a preparar unha nova edición do certame.

⚙ Configurar cookies
0.16223788261414