O V Paseo da Saúde de Barbadás xa ten data de celebración

O Concello de Barbadás xa ten data para a celebración do V Paseo da Saúde. Este evento, organizado pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade, reúne en cada edición diversas entidades relacionadas coa saúde e a prevención.
A actividade terá lugar o 19 de setembro na Avenida de Celanova, A Valenzá, con acceso libre para todos os asistentes. Durante a xornada desenvolveranse obradoiros, charlas e diferentes actividades en dous tramos horarios: de 11:00 a 12:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
O Concello invita á cidadanía a participar e aproveitar esta iniciativa enfocada en promover hábitos saudables.