O Verán Cultural de Barbadás arranca este mércores cun concerto da Banda Infantil de Música

OurenseXa
O Verán Cultural de Barbadás contará cunha decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro
Barbadás presenta o programa do Verán Cultural
26 Jun 2024

O Verán Cultural de Barbadás arranca este mércores cun concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás que terá lugar ás 21.00 horas.

O Parque dos Patos da Valenzá será o escenario, a partir de hoxe e ata o vindeiro 29 de agosto, dunha  decena de espectáculos de maxia, música, circo ou teatro, entre outras propostas dirixidas a todas as idades.

Programa completo

  • 26 de xuño. Concerto da Banda Infantil de Música de Barbadás.
  • 27 de xuño. Concerto da Banda de Música Cultural de Barbadás.
  • 28 de xuño. Concerto do Grupo Guezos polo Día da Diversidade LGTBI.
  • 4 de xullo. Compañía de circo Amontonados por Azar. Espectáculo “H2Olga”.
  • 11 de xullo. Acústico de Carolina Rubirosa. Música de autora e versións escollidas moi persoais.
  • 18 de xullo. Culturactiva. Espectáculo “Máis sabor”.
  • 1 de agosto. Compañía de Circo Marta Iglesias. Espectáculo “Hoxe si”.
  • 8 de agosto. Compañía Teatral Pedras de Cartón. Espectáculo “Quixote”.
  • 22 de agosto. Maxia con Joshua Kennet. “Degustación de imposibles na rúa”.
  • 29 de agosto. Concerto de Gin Toni´s.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18456220626831