O VII Car Outlet de Ourense pechou as portas con preto de 3.000 visitas

OurenseXa
O evento estivo organizado por Expourense e A.C.AU.T.O. e contou coa participación de 17 concesionarios que representaban a 27 marcas
car-outlet-ourense
12 May 2025

Expourense vén de pechar as portas da sétima edición do Car Outlet Ourense con 112 coches vendidos e tendo recibido case 3.000 visitas en tres días. Este salón organizado entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO está xa consolidada como una cita agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Esta sétima edición contou coa participación de 15 concesionarios oficiais que representaban a 27 marcas e que ofrecían 440 opcións.

Estes datos indican que foron vendidas 4 unidades máis ca na última edición de 2024 e case 500 visitas menos, o que aumenta o ratio de compradores por visitante, se ben o ano anterior 23 marcas repatiron as vendas e nesta foron 27. Os expositores destacaron a clara intención de compra do visitante que xa chega ao recinto sabendo qué tipo de coche quere e cánto quere investir nel.

A esta cifra de ventas pechadas no salón haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Ademais das vendas pechadas nestes 3 días, esta cita serve tamén de toma de contacto para unha transacción a curto prazo. O proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que visitan ao salón, miran, van para a casa a pensar e aos poucos días acoden ao concesionario pechar a compra ou para coñecer máiss detalles e probar o coche.

Esta foi a primeira das tres citas que Expourense organiza con ACAUTO. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (17 a 19 de outubro de 2025) e o Salón do Automóbil de Ocasión (24 a 26 de outubro de 2025). Ambas as dúas citas celebrarán a súa 16ª edición.

Polo que respecta a actividade de Expourense, continúa este mesmo martes 13 de maio coa celebración da tecrceira edición de Inspiro, un encontro sobre emprendemento entre o tecido produtivo e o ámbito educativo que o recinto organiza de forma conxunta coa empresa ourensá DixitalGou.

A seguinte cita feiral será xa entre o 22 e o 24 de maio coa celebración de Sportur Galicia “Salón do Deporte e Turismo Activo. Xogos Deportivos” que, por primeira vez se desdobra e celebra en maio a parte práctica vencellada codeporte coa participación activa de colexios e clubes, deixando para o mes de decembro a compoñente formativa coa celebración do VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte (11 e 12 de decembro de 2025).

Tamén no mes de maio, o xoves 29, terá lugar o XVIII Simposio sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética. A actividade feiral do primeiro semestre do ano de Expourense rematará coa celebración, os días 2 e 3 de xuño, da 11ª edición de Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade.

⚙ Configurar cookies
0.16456913948059