O XI Rallymix Concello de Barbadás regresa con novidades

O 11º Rallymix Concello de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay” celebrarase os días 24, 25 e 26 de outubro e as inscricións para participar nesta proba, que chega con importantes novidades, xa están abertas
Esta edición contará cun percorrido renovado, máis longo, cun tramo de case oito quilómetros. A saída manterase no lugar habitual, pero a meta situarase algo antes que nos anos anteriores, e ao longo do percorrido haberá sorpresas que se irán desvelando nos próximos días.
Os organizadores animan aos interesados a formalizar as súas inscricións canto antes e adiantan que irán proporcionando máis información segundo se vaia concretando, mantendo aos participantes informados de todos os detalles previos á competición.