O XVII Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural volve á provincia de Ourense

OurenseXa
Presentaranse máis de 60 comunicacións procedentes de países como México, Colombia, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaña, Portugal e España
SOPA 2024
28 Jul 2024

Educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural; traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade, que quere cambiar as formas de relacionarnos coa nosa cultura; e emancipar o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a cocreación de contidos e metodoloxías.

Estes foron os alicerces do Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural celebrado en Celanova no ano 2014. Naquela altura, o Congreso SOPA lograra reunir a 200 investigadores e activistas, a debater sobre o futuro do rural.

10 anos despois o SOPA volve a Ourense. Nesta edición do visitaremos un territorio de fronteira, Reserva da Biosfera da UNESCO, que se estende polos concellos de Muíños, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar seguindo a fronteira con Portugal e conta con varios dos patrimonios conservados máis importantes de Galicia e, tamén, dos máis descoñecidos.

Organizado polo GEAAT (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da UVigo a través dos investigadores Beatriz Comendador e Óscar Penín, tamén co apoio da Bela Auria, da Rede Aldear e de La Underground Colectiva, desenvolverase ao longo dunha semana (02-08 de setembro).

No congreso presentaranse máis de 60 comunicacións procedentes de países como México, Colombia, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaña, Portugal e España realizadas por case que un centenar de investigadores en ámbitos como a arqueoloxía, a educación, a antropoloxía.

Neste 2024 o SOPA tamén quere por o foco, con especialmente atención, nos saberes herdados a través das persoas maiores contando cunha xornada dedicada integramente a este tema e onde intervirán, entre outros, os antropólogos ourensáns Manuel Mandianes e Fátima Braña.

O programa completarase con diversas actividades culturais que inclúen teatro, música, cinema documental e narración oral.

O SOPA pretende lograr alcanzar os 200 inscritos que debaterá ao longo de 7 días sobre o futuro do rural. Se ben xa se cubriron todas as prazas para a presentación de ponencias e comunicacións, aínda é posible inscribirse como asistentes. A inscrición inclúe as taxas de expedición do título, o transporte en autobús ata as sedes e ata as actividades culturais paralelas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17809391021729