O obradoiro “Lembrar: volver a pasar polo corazón”, incluído XVII Semana das Maiores de Allariz, cambia de data

O obradoiro “Lembrar: volver a pasar polo corazón”, unha actividade, impartida por Getse Valenzuela dentro da XVII Semana das Maiores de Allariz e que propón un espazo de encontro e reflexión persoal, muda de data.
O taller, inicialmente previsto para o martes 15, trasládase ao mércores 22 de outubro ás 16:45 horas, e ofrecerá ás persoas participantes a oportunidade de reflexionar sobre a súa vida, a percepción que teñen de si mesmas e a maneira na que se relacionan cos demais.
As inscricións permanecen abertas ata o martes 21 de outubro, e dende a organización animan a todas as persoas maiores do municipio a participar nesta sesión, que busca promover o benestar emocional e o autocoñecemento a través da memoria e a experiencia compartida.