O Partido Benéfico Contra o Cancro de Mama regresa ao Campo de Oira
O Campo de Oira volverá a acoller un ano máis o Partido Benéfico Contra o Cancro de Mama, organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
As xogadoras da EFF Rosalía e Mulleres de Ourense sairán ao campo co obxectivo recadar fondos para contribuír á loita contra o cancro de mama. O partido terá lugar o xoves, 17 de outubro, no Campo Municipal de Oira, e as entradas están dispoñibles por un prezo de cinco euros na sede provincial da AECC e nas sedes de ambos equipos.
A presentación estivo marcada pola presencia de diversos organismos da cidade, como representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras do equipo Mulleres de Ourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Rosendo L. Fernández, deputado de representación institucional da Deputación de Ourense; Aníbal Pereira, tenente-alcalde do Concello de Ourense; Tamara Silva, concelleira de asuntos sociais do Concello de Ourense e xogadora de Mulleres de Ourense; Ana Fernández, concelleira de avogacía e contratación do Concello de Ourense e xogadora de Mulleres de Ourense; Natalia González, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE e xogadora de Mulleres de Ourense; Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG; Inmaculada Moreiras, portavoz e concelleira do grupo municipal do PP; Alba Iglesias, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE; Olga Mojón e Carmen Sampaio, vicepresidenta e tesoureira da asociación respectivamente.