Organizan en Allariz unha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido

OurenseXa
Será impartida por Dano Cerebral Galicia o vindeiro 4 de febreiro no Fogar dos Maiores
Imaxe recurso dun cerebro
27 Jan 2026

O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá o vindeiro 4 de febreiro, ás 12:30 horas, unha charla informativa titulada Aproximación ao Dano Cerebral Adquirido (DCA), dirixida a toda a cidadanía.

A sesión será impartida pola entidade Dano Cerebral Galicia e permitirá achegarse a que é o dano cerebral adquirido, ás súas principais causas, con especial atención ao ictus, aos factores de risco e aos sinais de alarma, así como ás secuelas máis habituais que pode provocar. Durante a charla tamén se informará sobre os recursos de apoio existentes en Galicia para as persoas con DCA e as súas familias.

A actividade é gratuíta, terá unha duración aproximada dunha hora e media e está aberta a todas as persoas interesadas.

⚙ Configurar cookies
0.081717014312744