Os alumnos do CPI José García García de Ourense participan no proxecto 'Gústame o meu río'

OurenseXa
A CHMS conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade onde os máis pequenos aprenderon o funcionamento do Centro de Control de Conca
Foto da CHMS
A CHMS conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente co alumnado do CPI José García García de Ourense
6 Jun 2024

A CHMS conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente co alumnado do CPI José García García de Ourense incidindo sobre a importancia de coidar o recurso e os ecosistemas para asegurar un futuro mellor, esta actividade estivo enmarcada dentro do proxecto de educación ambiental 'Gústame o meu río', deseñado por este organismo de conca para chegar cada ano a máis de 300 escolares das provincias do Ourense, Lugo, Pontevedra e León.

“Queremos conseguir que os mozos comprendan que os recursos naturais son limitados e que todos deberiamos de asumir a responsabilidade individual de conservación dos mesmos” destacou José Antonio Quiroga, que puido comprobar in situ a boa marcha das actividades e o interese mostrado polos alumnos e alumnas e tamén polos profesores que lles acompañaron ao longo do proxecto.

“Os efectos cada vez máis visibles que produce o cambio climático fan que teñamos que poñer en práctica a capacidade de resiliencia para a adaptación aos novos escenarios”, engadiu Quiroga

Por iso, organizouse unha celebración lúdica pero educativa, que comezou coa visita ao Centro de Control de Cuenca "CECU" que o organismo ten en Ourense, lugar desde onde se fai unha vixilancia permanente sobre o estado dos encoros, os ríos e as augas subterráneas da demarcación, é dicir, unha ferramenta para a prevención, preparación e protección fronte aos fenómenos extremos, que está operativo as 24 horas os 365 días do ano.

Explicóuselles que o CECU recibe vía satélite, en tempo real e cada 5 minutos, un dato de cada variable hidrometeorológica (precipitación, nivel e caudal nos ríos, estado de encoros, temperatura ambiente etcétera) recollido por 116 SAIH (ofrece datos de nivel, caudal e precipitación) e 18 SAICA (ademais dos datos anteriores, controla o estado químico e ecolóxico do leito) distribuídas ao longo do 17.600 km2 da demarcación. Estes datos son públicos a través da pagina web do organismo no apartado do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH).

Despois de visitar esta instalación, os escolares do CPI José García García, fixeron unha excursión en bus ata unha desas estacións mixta SAIH/SAICA, situada na marxe esquerda do río Miño, á beira da pasarela peonil de Oira, alí descubriron como se toman os datos antes de ser enviados automaticamente e vía satélite, en tempo real, ao CECU, situado na Avenida da Habana de Ourense.

Para finalizar a xornada realizouse unha actividade máis lúdica na que o alumnado deu boa conta dos distintos xestos diarios que poden poñer en practica para fomentar o uso responsable do recurso, como avance do proxecto fin de curso que expoñerán nun Congreso Final que se realizará a próxima semana na Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza, Lugo)

“Considero que os máis pequenos son a mellor canle de comunicación para conseguir un uso máis sostible da auga e para fomentar o coidado do medio ambiente, por iso, quero agradecer a vosa implicación e colaboración e tamén a boa acollida dos profesores e dirección dos centros ao aceptar este proxecto como parte da súa actividade educativa” ha concluído Quiroga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19393801689148