Os amantes das carreiras de obstáculos teñen unha cita este sábado en Toén coa celebración da ‘Uros Race’

OurenseXa
A proba forma parte da Liga Nacional AOCO e será puntuable para o campionato de España
presentacion-uros-race-2025
12 Sep 2025

Toén prepárase para acoller este domingo, 14 de setembro, a ‘Uros Race’, unha carreira de obstáculos que forma parte da Liga Nacional AOCO e que está aberta a todo tipo de participantes.

Trátase dunha proba pensada para todas as idades e niveis de condición física, organizada en tres categorías: a elite, destinada aos corredores e corredoras máis experimentados e puntuable para o campionato de España; a categoría starter, para aqueles que queren iniciarse e aspirar a chegar á elite; e a categoría popular, dirixida a calquera persoa interesada en probar a súa habilidade e resistencia.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu este xoves á presentación do evento, onde subliñou a importancia deste tipo de eventos deportivos para promover o deporte e os hábitos saudables na provincia. Pardo tamén desexou éxito á organización da proba e reafirmou o compromiso da Xunta de seguir apoiando iniciativas que fomenten un deporte accesible, sostible e participativo.

A ‘Uros Race’ converte así a Toén nunha cita de referencia para os afeccionados ao deporte de obstáculos, combinando competición, diversión e participación aberta a todos os públicos.

⚙ Configurar cookies
0.18085718154907